Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesorado introducirá os diferentes contenidos da materia en sesións de carácter maxistral. Estas motivarán a participación e o debate por parte do alumnado (discusión dirixida). Os documentos de apoio (textuais, audiovisuais, etc.), xunto coas presentacións empregadas, estarán dispoñiibles na plataforma virtual para o alumnado de ambas modalidades.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de melloralo.

Para o alumnado en modalidade a distancia, a actividade evaluativa realizada no marco da Aprendizaxe Servizo, será substituída por un traballo tutelado individual.
Obradoiro Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia.

Para o alumnado online, estas actividades adaptaranse para a súa realización e seguimento a distancia a través das ferramentas habilitadas para iso na aula Virtual.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes