Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A4 B3 B4 B5 B6 B14 B16 B17 B18 B20 B21 B22 C1 C3 C4 C5 C6 Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, roll play, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión do profesorado da materia. 40
Aprendizaxe servizo A1 A2 A3 A4 B22 B21 B20 B19 B18 B17 B15 B14 B13 B12 B11 B9 B7 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C5 C6 C7 Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de melloralo. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
A partir da colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, no curso 23-24, tomando o barrio de Agra de Orzán como contexto sobre o que investigar, terán como fío condutor a reivindicación dun hábitat digno e coidador. Nesta proposta participarán outras materias do máster, nas que se colaborará de maneira coordinada para a guía e avaliación do alumnado.
No marco desta materia, a participación será en grupo e avaliarase: o deseño das técnicas de investigación cualitativas levadas a cabo, a súa aplicación e a análise da información solicitada.
60
 
Observacións avaliación

A avaliación do alumnado de modalidade online, con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia será a seguinte: 

1. Traballo tutelado individual, avaliaranse
os mesmos aspectos que o alumnado presencial realizará no APS, pero neste caso
farano sobre unha temática libre relacionada co Máster (Ver Guia Docente, a
distancia).

2. Actividades do taller, adaptadas para a
súa realización a distancia (Ver Guia Docente a distancia)

Na 2ª oportunidade, os criterios de
avaliación serán iguais aos propostos para a 1ª oportunidade.

É obrigatorio resolver as actividades de
forma razoada, apoiando e argumentando en base aos documentos da materia e
outros que poidan considerarse de interese.

 O uso
indebido de citas e referencias bibliográficas pode resultar nunha sanción na
cualificación final e o plaxio no suspenso da materia













 A entrega dos traballos que se realicen nesta
materia realizarase a través da ferramenta habilitada para iso na aula virtual,
en formato dixital e nas datas indicadas pola profesora.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes