1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta
materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital
sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación
para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero
nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de
autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas...)
5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e
actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar
valores de respecto e igualdade
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de
xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón
físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a
un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
|