Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social |
Asignaturas |
Big Data para as Ciencias Sociais |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Big Data para as Ciencias Sociais | Código | 615545008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Portafolios do alumno | Os diferentes exercicios que se desenvolverán nas sesións de “Obradoiro”, así como os exercicios que se propoñan realizar de forma autónoma, incorporaranse a unha “carpeta do alumno” que se entregará ao remate do curso e estará suxeita a avaliación.. |
Obradoiro | Ao longo do curso realizaranse diferentes sesións prácticas nas que se realizarán exercicios nos que o alumnado aprenderá os procedementos básicos para obter, estruturar, almacenar, analizar e visualizar datos masivos. |
Presentación oral | Ao remate do curso, dedicarase unha sesión á exposición dalgúns dos exercicios que forman parte do portfolio do alumno, especialmente aqueles dirixidos á visualización e presentación de resultados. |
Sesión maxistral | Haberá clases maxistrais nas que o peso da actividade recae principalmente no profesor. Este método pedagóxico compleméntase coa introdución doutras actividades e métodos que permitan un papel máis activo ao alumnado. Dado o contido eminentemente orientado á práctica investigadora desta materia, as sesións maxistrais terán frecuentemente un contido técnico, orientado á aprendizaxe dos procedementos de investigación baseados no Big Data máis habituais. Esta orientación técnica complementarase cunha reflexión sobre os fundamentos epistemolóxicos, éticos e teóricos deste tipo de investigacións. |
|