Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Antropoloxía social e cultural |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Antropoloxía social e cultural | Código | 615G01102 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | · Sesión maxistral: Explicación polo profesor dos contidos da materia na aula. Complementarase con materiais visuais de apoio -esquemas e presentacións en Power-Point. O obxectivo destas sesións consistirá en proporcionar, desenvolver e orientar aos estudantes nos coñecementos acerca dos contidos, teorías e complexidades dos fenómenos da cultura, e estimular debates participativos sobre todo iso. Un obxectivo engadido consistirá en fomentar o recoñecemento da diversidade característica do modo de manifestarse os fenómenos culturais. Levaráse rexistro da asistencia regular ao curso, cara ao aproveitamento do impartido nas sesións presenciais. |
Proba obxectiva | · A proba obxectiva consistirá nunha proba escrita, ao fin do curso cuadrimestral, sobre os coñecementos alcanzados polo alumno, que consistirá na contestación a vinte preguntas de resposta breve. Valoraranse os coñecementos básicos sobre os contidos dos temas do curso, e o dominio dos conceptos. Insístese na asistencia regular ao curso, en referencia á preparación e subseguinte avaliación desta proba obxectiva. |
Resumo | · O resumo consistirá na elaboración polo estudante dun traballo de resumo e comentario crítico desenrrolado sobre o argumento sociocultural e a técnica de elaboración de dous filmes etnográficos, seleccionados polo mesmo, de entre máis dunha vintena que se proporcionarán a través de Moodle polo profesor, para o seu visionado e análise autónoma. Será entregado a mediados-finais de decembro |
Discusión dirixida | · Discusión dirixida: presentación e debate en clase, durante as sesións de prácticas de grupos, de textos seleccionados polo seu valor teórico-etnográfico, acordes coa unidade temática que se estea desenvolvendo nese tempo, e na que tras a presentación dun resumo esquemático do texto desenvolvida por grupos de 3-5 alumnos, todos poden intervir con comentarios a aspectos da devandita lectura. Valorarase como se argumenta crítica e comprometidamente. Insístese na asistencia regular ao curso, cara á participación en, e avaliación de, as discusións dirixidas. |
|