Traballos tutelados |
Neste tipo de traballos, os estudantes fanse responsables da súa aprendizaxe. De xeito individual ou en grupos reducidos (traballo cooperativo) realizarán traballos de investigación, análise de fontes documentais sobre os sectores da animación e do videoxogo e de aplicación práctica dos contidos estudados.
|
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Actividad que implicará a participación en eventos relacionados coa animación e/ou os videoxogos (festivais, feiras, mercados, xornadas, etc.) co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia.
Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos de casos reais e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Lecturas |
A lectura de libros e documentos actuais sobre a materia facilita a comprensión conceptual e a reflexión, e contribúe a garantir unha aprendizaxe en profundidade.
As lecturas seleccionadas permiten o estudo de casos documentados e relevantes no sector dos videoxogos ou da animación. |