Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Animación 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A7 A10 A15 B1 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C3 C9 Avaliación da fase de rigging do traballo final.
30
Obradoiro A7 A10 A15 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C3 C9 Avaliación dos exercicios prácticos relacionados cos contidos teóricos expostos. Para aprobar o curso é obrigatorio a entrega do total das prácticas. 30
Portafolios do alumno A7 A10 A15 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 Avaliación do traballo individual sobre animación e rigging.

40
 
Observacións avaliación
• Todos os traballos e prácticas deberanse entregar nas datas indicadas segundo o cronograma da materia dispoñible en Moodle

• Para poder aprobar a materia na primeira oportunidade será necesario ter:
1. Todas as prácticas entregadas e aprobadas.
2. O traballo tutelado correspondente ao fase de rigging do traballo final.
3. Portafolio (rigging/animación, poses). 

Para poder aprobar a materia, cada unha das partes (prácticas,
traballo tutelado, portafolio) debe alcanzar un valor igual ou superior a 5
puntos.

• Na segunda oportunidade: aqueles/as estudantes que na avaliación continua (convocatoria de xaneiro-febreiro) queden por debaixo do 5 (o 50% da puntuación global), deberán volver a entregar aquelas partes que resultaron suspensas.

• Para aqueles estudantes que non realizaron o seguimento continuo: a avaliación da materia consistirá nun exame práctico (30% da nota final), a entrega do traballo tutelado (30%) e do portafolio de rigging/animación (40%). Para poder aprobar a materia, cada unha das partes (exame práctico, traballo tutelado, portafolio)
debe alcanzar un valor igual ou superior a 5 puntos.

• Os criterios e actividades de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica (exención de asistencia) será o mesmo que para o resto do alumnado. Estes estudantes poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios.

• A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes