Como nas restantes materias que integran o presente posgrado, esíxese ademáis unha asistencia non inferior ó 80% relativa á totalidade das sesións presenciais programadas.
Avaliación en segunda oportunidade: Para poder optar a avaliación en segunda oportunidade deben cumprirse as condicións de asistencia xerais durante o curso e ter entregado o traballo tutelado no prazo correspondente.
Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar a avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as
condicións de asistencia xerais nun curso previo e ter entregado o traballo tutelado no
prazo correspondente.
Calificación de non presentado: Se non se entrega o traballo tutelado no prazo correspondente, a calificación será de "Non presentado".
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da dirección do centro, non se terá en conta a esixencia da asistencia mínima, manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.
Plaxio: No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no artigo 14º das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario.
A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa.