General description |
A materia é OPTATIVA. A materia Instalacións 3 completa a visión ofrecida en Instalacións 1 e Instalacións 2 dende outro punto de vista. Tratarase de aplicar os coñecementos previos adquiridos e darlle especificidade, analizando as instalacións segundo os distintos tipos de edificacións, destacando as diferenzas entre elas. Por outra banda, inclúese o cálculo de cada unha das instalacións, o que completa a visión da materia. Preténdese que o alumno sexa capaz de desenvolver cada unha das instalacións, nos edificios propostos, a nivel de proxecto da súa execución. O curso consta de sesións teórico-prácticas. Cada alumno desenvolverá, ao longo do curso, unha práctica en equipo consistente en resolver as instalacións nun edificio con diferentes servizos incorporados (garaxes, locais comerciais, zonas comúns, etc.) O edificio, preferentemente, será un edificio desenvolvido en |