Sesión maxistral |
B1 B2 B7 |
Valorarase a asistencia e a participación na aula |
10 |
A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de grao e máster universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago de Compostela. Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas prácticas individuais como na prácticas de grupo, de non ser así non se fará media. Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas prácticas deberán ser entregadas nas datas especificadas. Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na EPS de Lugo, aos que só poderán presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
|