Sesión magistral |
A23 A27 A31 A38 B6 B7 B11 B12 |
Valorarase a asistencia e a participación na aula |
10 |
A avaliación será continua.Os sistemas de avaliación axustaranse ao establecido na
Normativa vixente de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións de estudos de
grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña e da Universidade de Santiago
de Compostela.
Para aprobar o alumno debe acadar unha nota igual ou superior a un 5 tanto nas
práticas individuais como nas prácticas de grupo, de non ser así non se fará media.
Asemade o estudante debe ter unha asistencia mínima do 80% e todas as súas práticas
deberán ser entregadas nas datas especificadas.
Haberá exames (e/ou repetición de entregas, a xuízo do docente) de primeira e segunda
oportunidade nas datas fixadas e a celebrar na Universidade da Coruña, aos que só poderán
presentarse os alumnos que teñan a asistencia mínima do 80% a sesións maxistrais e
obradoiro e todas as prácticas semanais e de curso entregadas nas datas requeridas. A detección de plaxio, así como a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso “0” na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.
|