Teaching GuideTerm Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines |
Diplomado en Máquinas Navais |
Subjects |
Instrumentación Industrial |
Methodologies |
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Instrumentación Industrial | Code | 631111506 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
First and Second Cycle | 1st four-month period |
First Second Third | Optional | 3.5 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Laboratory practice | Hai dous tipos de prácticas de Laboratorio: 1ª) Consiste na inspección dunha planta de quencemento de auga instalada no Laboratorio de Automatización II. Trala descrición do sistema polo profesor, os alumn@s deben facer os apuntamentos necesarios, e plantexar as cuestións que consideren convenientes, para xerar un plano de instrumentación da planta. 2ª) Trátase das prácticas de instrumentación virtual que se levan a cabo na aula de informatica facendo uso do LabView ou software de similares características. |
Guest lecture / keynote speech | As sesión maxistrais correspóndense co descrito no primeiro apartado de Actividades Introductorias. |
ICT practicals | O curso fundaméntase no uso da Plataforma de Teleformación é dunha web propia da materia á que se acesa dende a Plataforma. O curso está estructurado en temas, e a súa vez cada tema organízase nos apartados: Introducción, Actividades e Materiais. O alumno debe realizar as actividades propostas utilizando os Materiais e as ferramentas de software adecuadas, xerando un documento entregable a través da plataforma que incluirase no seu Cartafol |
Field trip | Durante o curso o alumno traballa cos planos de instrumentación dunha instalación real, a do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses. Na última parte do curso faise unha visita as instalacións técnicas de dita institución, para comprobar "in situ" a correspondencia entre os planos e funcionamento da planta. |
Student portfolio | O Cartafol vaise elaborando ao longo do curso mediante a entrega dos traballos que están programados na Axenda da Plataforma de Teleformación, e constitúen a principal vía de avaliación, que remata cunha entrevista persoal entre alumn@ e profesor para valorar o Cartafol e o seguimento da materia. |
Objective test | Os alumn@s que non superen a materia mediante a valoración do seu Cartafol poderán acudir a un exame final da materia, na que terán a oportunidade de completar a nota obtida mediante o Cartafol. Desaconséllase esta proba como única vía para superar a materia. |
|