Xa que a asignatura consta de tres partes perfectamente diferenciadas, cada unha delas avaliarase de forma independente, e o resultado final da avaliación será a media obtida entre as partes (conforme ás horas de docencia e un mínimo de 4 en cada unha delas). O seguimento
do curso con regularidade (80% asistencia), e a realización das actividades
propostas polo profesor darán dereito ao alumno a ser avaliado de forma
continua.
No caso de alumnos
con dispensa académica, o 10% da presencialidade repartirase proporcionalmente
entre o resto de criterios. O alumno non acollido a avaliación continua será
avaliado en proba presencial cun valor do 100%.
Os criterios de avaliación contemplados no A-II/2 del Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta a hora de deseñar e realizar a avaliación.
Sobre as sancións aplicables
pola comisión de faltas moi graves, artigo 11 do Regulamento disciplinar do
estudantado da universidade da Coruña, aprobado polo Consello de Goberno do
27/02/2023, en xuño de 2023 modificouse o punto b), quedando:
b) Cualificación de suspenso
na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.