O sistema de avaliación cumpre cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes Cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010:
- Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueros.
- Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o transporte de gas licuado.
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleito no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.As probas parciais forman parte da avaliación continua, por tanto para poder acollerse a elas a asistencia ás sesións maxistrais ha de ser dun 90%.
Para obtención do Certificado de formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueros realizarase unha proba mixta parcial ao finalizar dita parte da materia, sendo necesario a asistencia dun 90% durante o curso. Para a obtención do Certificado en formación básica para as opercións de carga en buques tanque para ou transporte de gas licuado e para o Certificado de buques de pasaxe, sendo ambos certificados completamente independentes, realizarase un proba obxectiva nas convocatorias oficiais de 1ºoportunidade e 2º oportunidade, sendo necesaria a asistencia dun 90% durante o curso.
As prácticas relacionadas co STCW, correspondentes á metodoloxia da simulacións, son obrigatorias na sùa totalidade.
Nas prácticas inclúese, sempre que sexa posible, a visita nos veleiros a buques tanque atracados: petroleiros, gaseros e quimiqueros ou a barcos atracados.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
No caso de alumnoscon dispensa académica, o 10% da presencialidade repartirase proporcionalmenteentre o resto de criterios. O alumno non acollido a avaliación continua seráavaliado en proba presencial cun valor do 100%