Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html
Para aprobar a asignatura será condición imprescindible ter presentado con anterioridade o traballo de curso. O traballo de curso presentado polo estudante debe cumprir os requisitos establecidos para considerarse como válido. A realización de actividades fraudulentas na realización do traballo de curso suporá o suspenso da asignatura, sen prexuizo de outras medidas de carácter disciplinario que puideran corresponder.
O exame da asignatura constará de varios exercicios claramente indicados. O exame estará avaliado sobre un máximo de 10 puntos. En cada exercicio do exame o estudante debe acadar como mínimo un 20% da calificación máxima dese exercicio para poder aprobar a asignatura.
A calificación do exame final da primeira oportunidade poderá experimentar os seguintes aumentos:
– Por Traballo de Curso: Máximo 1 punto sobre 10.
– Por Prácticas: Máximo 0.25 puntos sobre 10.
– Por Probas de Seguemento de Clase: Máximo 0.25 puntos sobre 10
Aprobarase a asignatura nesta oportunidade se a calificación global (coas condicións e os aumentos indicados) é igual ou superior a 5 sobre 10 puntos.
A calificación do exame extraordinario de xullo (segunda oportunidade) poderá experimentar os seguintes aumentos:
– Por Traballo de Curso : Máximo 1 punto sobre 10.
Aprobarase a asignatura nesta oportunidade extraordinaria se a calificación (coas condicións e os aumentos indicados) é igual ou superior a 5 sobre 10 puntos.
Nos exames non se permitirá a consulta de ningún tipo de documento.
Calquera documentación adicional que se precise será proporcionada co
enunciado.
Nos exames non se poderá utilizar ningún tipo de
dispositivo electrónico avanzado. Só se permitirá o uso dunha
calculadora científica básica (esto é: unha calculadora que permita
exclusivamente realizar operaciones aritméticas e avaliar funcións
elementais con un número reducido de memorias numéricas, sen ningunha
outra capacidade de ningún tipo).
A utilización de documentos ou
dispositivos ilícitos, así como a copia por calquera medio durante a
realización dun exame serán consideradas actividades fraudulentas de
carácter grave.