Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos |
Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga |
Asignaturas |
Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso | Código | 632549006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | - O profesor presentará en clase os diferentes temas planificados apoiándose en presentacións gráficas. En ocasións convidarase a algún experto/experta. - Esta información, xunto con outra que se considere complementaria (documentos de apoio ás presentacións, textos legais, artigos, lecturas complementarias etc.)/ etc.), será posta ao dispor dos alumnos. - Esta teoría será a base para o desenvolvemento do traballo de curso. - A asistencia e participación do alumno formará parte da avaliación |
Traballos tutelados | O alumno, xunto con algún compañeiro (se valorán función do numero de alumnos matriculados), analizará, valorará, e desenvolverá unha crítica, de como é o sistema auga e a prestación dos servizos nun municipio claramente de carácter rural. O profesor irá realizando titorías de revisión de avance de traballo en horarios de clase. O traballo presentarase en clase #ante os compañeiros e profesores. A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos: a) Cumprimento co avance do traballo nas datas obxectivo. b) Recompilación de información. c) Integración e síntese da información. d) Dominio e coñecemento da problemática do municipio. e) Presentación final do traballo. |
Presentación oral | - O grupo de traballo realizará o seu traballo nun formato que poida utilizarse posteriormente para a presentación do traballo. - Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase. - Valorarase a utilización de gráficos ou diagramas que axuden a comprender mellor as problemáticas. - Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica. |
Proba de resposta breve | Os profesores prepararán e entregarán aos alumnos unha lista de cuestións analíticas e conceptuais. Estas cuestións deberán ser resoltas polos alumnos, e sobre esta base de cuestións realizarase polo menos unha proba de control de coñecementos que formará parte da avaliación global de cada alumno. |
|