Guía DocenteCurso Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos |
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas |
Asignaturas |
Xestión Ambiental |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Xestión Ambiental | Código | 632G01047 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 | Realizaranse varias probas de asimilación de coñecementos de carácter individual durante o período lectivo, en horarios de clase. A proba de resposta breve comprenderá a "resolución de 10 cuestións". Oito (8) das cuestións a resolver sairán, por sorteo, dunha listaxe ampla de cuestións (banco de preguntas) que se porá a disposición dos alumnos no seu debido momento, e que, por tanto, o alumno coñecerá de antemán para o seu estudo e resolución. As outras 2 cuestións a resolver serán seleccionadas polo alumno dun conxunto de 4 cuestións que será entregado polos profesores aos alumnos o día e hora da convocatoria do exame. Cada unha das 10 cuestións que finalmente conformen o exame terá o valor de 1 punto, e o alumno deberá obter un mínimo de 6 sobre 10 para superar a proba. Cada proba poderá ter un peso diferente á hora de elaborar a nota media. |
20 |
Traballos tutelados | A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 | TRABALLO 1.- ANÁLISE DA PLANIFICACIÓN HIDROLÓGICA E DA XESTIÓN INTEGRADA DA AUGA NUNHA CONCA • A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos: a) Cumprimento co avance do traballo nas datas objetivo. b) Recompilación de información complementaria. c) Integración e síntese da información. d) Dominio e coñecemento da problemática da conca. e) Presentación final do traballo. • O grupo de traballo realizará o seu traballo nun formato que pueda utilizarse posteriormente para a presentación do traballo. • Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase. • Valorarase a utilización de gráficos ou diagramas que axuden a comprender mellor as problemáticas. • Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica. O traballo presentarase en clase ante os compañeiros e profesores. A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos: a) Cumprimento co avance do traballo nas datas obxectivo. b) Recompilación de información complementaria. c) Integración e síntese da información. d) Dominio e coñecemento da problemática e) Presentación final del trabajo. TRABALLO 2.- Os exercicios prácticos poderán ser problemas, traballos de revisión, traballos de profundización en temas, ou estudos de casos reais. O alumno elaborará, polo menos, 3 exercicios prácticos relacionados con problemáticas ambientais (ríos, encoro, costa). O alumno deberá obter polo menos 30 puntos sobre 60 en esta parte. |
60 |
Presentación oral | A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 | Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase. Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica. |
5 |
Sesión maxistral | A22 A31 A35 B2 B3 B4 B9 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B8 B18 B17 C3 C4 C5 C10 C13 C14 C16 C17 C8 | Esixirase que o alumno cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas-clase efectivas para poder empezar a puntuar nesta metodoloxía. A asistencia controlarase mediante a firma do alumno na folla de control. Entre o 80 e 100% de asistencia, a puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas (0; 80%) e (1.5; 100%). |
15 |
Observacións avaliación | |||
Os alumnos con MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL deberán realizar o Traballo de Curso, aínda que as tutorías deberán realizarse mediante a coordinación cos profesores da materia, co fin de que poidan ser realizadas adaptándose aos horarios e dispoñibilidade do alumno (o sistema de avaliación o mesmo xa citado). Tamén deberán presentar o traballo aos profesores da materia (mesma avaliación que a xa citada). Deberán realizar unha proba mixta, cun valor de 50 puntos sobre a nota final de 100, na que o alumno contestará preguntas teóricas de resposta curta (as preguntas non teñen porqué basearse na listaxe xa citada na metodoloxía xeral xa descrita) que serán seleccionadas polos profesores. O alumno deberá aprobar este exame para aprobar a materia. A data do exame será a da convocatoria oficial. |
|