1. Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumno, cando só participe de actividade de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da cualificación acadada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada. O exame na data oficial supoñerá o 100% da avaliación.
A realización fraudulenta das probas ou das actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa calificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso u calendario específico de datas compatibles coa súa dedicación.
4. Sobre as condicións de avaliación final. Está prohibido acceder ao aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ ou almacenamento de información.
5. Identificación do/a estudante. O/a estudante debe acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.
Outras observacións de avaliación:
Para superar a materia é necesario aprobar o examen final, esixíndose a aprobar cada unha das partes: o test, a liquidación de IVA e supostos de procedementos tributarios.