Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Subjects
  History of the Labour Market
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A3 A5 A9 A11 A17 A19 A21 A22 A24 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B4 B3 B2 C1 Unha ao final do curso. Realizarase en período de exames 30
Oral presentation C1 C2 Presentación e defensa do traballo tutelado realizado. 10
Workshop A20 B1 B4 B5 B9 B11 C3 C4 C6 Debate e análise crítica sobre varias lecturas programadas ao longo do curso 30
Supervised projects A1 A3 A5 A17 A19 B3 B4 B5 B8 B10 C1 C3 C4 C6 Traballo sobre un aspecto do mercado laboral. 30
 
Assessment comments

Normativa de avaliación:

  • Para superar a materia, débese obter como mínimo 50 puntos dos 100 totais.
  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou a almacenaxe de información.
  • É preciso que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co DNI na aula na que se realiza a proba.
  • Cualificación de Non Presentado: a cualificación de non presentado corresponde ao estudante cando só participe en actividades que teñan unha ponderación igual ou inferior ao 30% sobre a cualificación final, con independencia da cualifición acadada.
  • Dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba final, para as restantes actividades acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa súa dedicación, sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva da clase desta materia. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto co docente vía correo electrónico antes do 05 de outubro de 2023.
  • Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: para a segunda oportunidade e para a convocatoria adiantada, mantéñense as cualificacións da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral), obtidas no primeiro cuadrimestre e engádese a nota do xame da segunda oportunidade ou da adiantada, segundo corresponda. Porén, se o desexa, o/a estudante pode substituír a cualificación da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral =70% da nota) pola realización de dúas probas complementarias ao exame: unha sobre o contido dalgunha das lecturas traballadas nos obradoiros (35% da nota final) e outra sobre a análise dun cadro ou gráfico relacionado cos contidos desenvoltos na clase (35% de la nota final). De optar por esta segunda posibilidade, a nota obteida substituirá en todo caso (sexa superior ou inferior) á cualificación obtida no curso na parte da avaliación continua.
  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Outras observacións e recomendacións:

O alumnado debe consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma virtual da materia (moodle), onde se colocará a información máis relevante da mesma. Amais, os estudantes deben ter actualizada a súa foto de perfil en moodle a fin de facilitar a súa correcta identificación.

Recoméndase a asistencia dende o primeiro día.

Nas primeiras semanas, comunicarase ao estudantado o calendario de obradoiros e defensa dos traballos.

Aqueles alumnos que non poidan asistir ás probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os supostos contemplados pola normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar a mesma noutra ocasión en que se comunicadas tendo en conta o disposto na normativa académica

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o profesorado indicará ao comezo do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes