Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Ciencias Empresariais |
Asignaturas |
Finanzas Internacionais |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Finanzas Internacionais | Código | 650G01039 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A15 A24 B1 B2 B7 B10 B13 C1 | Consistirá nunha única proba escrita que permita avaliar o nivel de coñecemento sobre os contidos do programa desenvolvidos na aula e tamén da súa aplicación. Esta proba poderá incluír preguntas tipo test. |
20 |
Estudo de casos | A15 A24 B2 B3 B4 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C5 C6 | Formulación dunha actividade específica que requira traballo de ánalise e estudo aplicado, baseándose no desenvolvido ao longo do curso. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. | 20 |
Solución de problemas | A24 B2 B3 B4 B6 B7 B10 B13 C1 C2 C3 | Resolución de problemas prácticos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Nas actividades de carácter teórico que esixan un desenvolvemento por escrito, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, a linguaxe empregada, a capacidade de análise e o grao de síntese. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos e problemas prácticos. Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, podese alcanzar o 100 % da cualificación final (10 puntos). Para superar a materia requírese unha cualificación final mínima de cinco puntos (computada a suma da avaliación das diferentes metodoloxías). A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles estudantes que non participasen na avaliación continua de actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %. Na segunda oportunidade, os estudantes poderán recuperar a nota das actividades de evaluación continua mediante a realización dun exame complementario sobre os contidos destas actividades. Ese exame complementario terá lugar o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade da materia.
Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. O/a alumno/a deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle requira, de acordo coa normativa vixente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, como por exemplo plaxio, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida nas outras actividades de avaliación da convocatoria |
|