Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Enfoque Multidisciplinar da Dor: Neurobioloxía, Dor e Discapacidade, Sistemas de Avaliación, Novos P
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A8 B1 B7 B9 B10 Avalíase a capacidade do/a estudante para levar a cabo o proceso de discusión, participación e elaboración de conclusións relativas o estudo dun tema.


20
Proba de resposta múltiple A8 B1 B9 B10 Exame tipo test de resposta simple cun total de 30 preguntas. Cada 2 respostas incorrectas restarase unha ben.
Requírese alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10 para aplicar todas as porcentaxes asignadas a cada metodoloxía.
40
Discusión dirixida B1 C6 C7 Avalíase a asistencia e participación activa nas dúas sesións programadas de forma presencial.

*Para o alumnado con dispensa académica de exención de asistencia, esta tarefa será entregada en formato audiovisual (podcast, video, etc.)
20
Análise de fontes documentais A8 A9 B1 B9 B10 C6 C7 Avalíase a capacidade do/a estudante de facer unha estratexia de procura adecuada, así como a capacidade de síntese dos documentos científicos identificados a partir de dita procura. 20
 
Observacións avaliación

 Estes criterios de avaliación manteranse para todas as convocatorias do curso académico.

Estes criterios de avaliación manteranse tanto para o alumnado matriculado a tempo completo como a tempo parcial.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de face a convocatoria extraordinaria".

En caso de plagio por parte do/a estudante aplicarase o seguinte criterio: "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes