Prácticas de laboratorio |
Clases que desenvolven a un tempo contidos teóricos e prácticos dunha unidade temática. Ademais dos recursos da sesión maxistral (encerado, vídeo-proxección, etc.), empréganse como apoio á docenca as maquetas e os ósos da osteoteca do laboratorio de Anatomía Humana.
A docencia impártese a grupos reducidos, de modo que favorece a participación do alumnado mediante o intercambio de opinións, o debate e a resolución de problemas, permitindo así a atención personalizada.
Avaliación continua: valorarase a actitude, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas formulados polo profesorado. |
Proba obxectiva |
Consiste nunha PROBA ESCRITA, constituída por dúas partes:
- Preguntas curtas, que requiren unha resposta breve, en xeral dunha extensión máxima de media páxina.
- Exame tipo test, no que cada pregunta conta con catro opcións da que só una é verdadeira. Non se puntúa negativo por resposta incorrecta, mais descártase para o aprobado o 25% das repostas correctas.
No caso do alumnado que conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos, realizarase no seu lugar unha PROBA ORAL, que consistirá en preguntas de resposta breve.
|