Teaching GuideTerm
University College of Physiotherapy
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Subjects
  GENERAL KINESIOTHERAPY
   Personalized attention
Methodologies
Guest lecture / keynote speech
Laboratory practice
Description
A atención personalizada abordarase durante o desenvolvemento das clases maxistrais, prácticas e actividades de aprendizaxe colaborativa, fomentando a formulación de preguntas por parte do alumnado. Así mesmo, reforzarase esta actividade mediante as titorías presenciais e/ou virtuais (a través da plataforma moodle e/ou do correo electrónico). Nas titorías presenciais levarase a cabo a revisión dos apuntamentos manuscritos xunto co alumnado.

O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con dispensa académica debe contactar coa responsable da materia ao inicio de curso para acordar as datas da titoría inicial e 2 titorías mínimas posteriores obrigatorias para poder optar a puntuación da valoración continuada.

Calquera persoa con algún tipo de problema de saúde física ou mental xustificado terá que contactar coa responsable da materia ao inicio do curso para poder valorar as adaptacións necesarias.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes