Guía DocenteCurso Facultade de Fisioterapia |
Grao en Fisioterapia |
Asignaturas |
FISIOTERAPIA XERAL |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | FISIOTERAPIA XERAL | Código | 651G01008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 9 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Aprendizaxe colaborativa | A3 A7 B2 B3 B5 C1 C6 C9 | Realizarase en grupos. O profesorado exporá as preguntas/temas/casos que han de ir resolvendo/preparando o alumnado. Irase controlando a súa realización secuencialmente e contabilizará ata un 20 % da nota final, que só se sumará en caso de ter aprobado o exames teórico e práctico de cada módulo. |
20 |
Proba mixta | A3 A7 B1 B3 B4 C1 C6 | O exame teórico contará o 50% da nota final. Poderá constar de preguntas de resposta aberta enfocada ao razoamento científico-clínico, preguntas curtas que aborden a capacidade de síntese e/ou tipo test. Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada unha das probas (teórica e práctica). Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima. Se poderá facer un examen parcial, liberatorio dos contidos do primeiro módulo, se a dinámica da clase e o traballo do alumnado o permiten. Adicionalmente, segundo flúa a dinámica da clase, poderán desenvolverse no segundo cuatrimestre actividades de avaliación continua que poderán supor puntuación adicional para este segundo módulo. |
50 |
Proba práctica | A3 A7 B2 B4 C1 C6 C9 | O exame práctico contará o 30% da nota final. Constará de 1 o máis casos que se plantexarán ao alumnado para a súa resolución teórico-práctica. Para poder facer media deberá alcanzarse un mínimo de 50% da nota máxima en cada unha das probas (teórica e práctica). Só se fará a media da materia coa nota de ambos os módulos, se en ambos se sacou polo menos un 50% da nota máxima. Poderá facerse un exame parcial, liberatorio dos contidos do primeiro módulo, se a dinámica da clase e o traballo do alumnado o permiten. |
30 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia á clase práctica é moi recomendable e a asistencia menor do 80% debe estar ben xustificada e impediría a valoración da aprendizaxe colaborativa ou o uso de metodoloxías de traballo en equipo. A asistencia ás clases teóricas non é obligatoria pero a non asistencia impediría a realización de actividades adicionais de avaliación continuada que se poidan desenvolver ao longo do curso e que contarían na nota final. O alumnado a tempo parcial se someterá ás mesmas probas de avaliación que o alumnado de matrícula ordinaria, so que aquelas estipuladas de forma grupal, serán realizadas de forma individual se non ten asistido a clases habitualmente (80% ou máis) e non terá dereito ás actividades adicionais de avaliación continuada se non acude a esas clases. A nota final da materia será a MEDIA entre os dous módulos, sempre e cando se superen ambos os dous (condición indispensable ter aprobados ambos os dous módulos para facer media) tendo en conta que só se suma a nota da aprendizaxe colaborativa se se sacou polo menos un 5 (sobre 10) tanto nas proba prácticas como no teóricas. A xuicio do profesorado, e segundo transcurra a dinámica da clase e do traballo do alumnado, poderá realizarse un parcial liberatorio da materia do primeiro módulo. O alumnado que se presente ás probas dun dos dous módulos e non ao outro, constaralle como non presentado na nota final, sendo necesaria a aprobación dos dous módulos para poder constar como aprobado na nota final. A porcentaxe asignada a cada proba pode sofrir pequenas modificacións en función das variaciones externas que incidan sobre a materia, non obstante nunca será inferior ao 50% no caso do exame teórico e o 30% no caso do práctico. A comisión dunha falta grave suporá que o/a estudante sexa cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|