Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. PERPECTIVA DE XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase
incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos,
propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorno para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas |