- Exame teórico: será a suma da proba mixta final (50%) e a nota do exame de coñecementos previos (5%) realizado ao comezo da materia.(actividades iniciais) (A nota de coñecementos previos sumará só si a nota obtida na proba mixta final sexa maior a 4,8)
- A/O estudante debe obter unha nota mínimo de 5.0 en cada unha das probas de valoración (exame teórico e exame práctico) para superar a materia
- Só gardarase a nota aprobada de cada unha das partes da valoración á seguinte oportunidade da convocatoria correspondente, se a/o estudante preséntase ás dúas partes do exame final.
- Na avaliación continuada terase en conta a participación, iniciativa, interese e presentación de traballos/actividades solicitadas durante toda a materia
- As notas dos traballos tutelados e a avaliación continuada só sumarán cando superasen o exame teórico-práctico
- As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro con respecto á memoria verificada, en función das necesidades da materia; con todo o exame teórico-práctico non terá un valor menor ao 80% e a avaliación continuada e traballos tutelados non superará o 20%.
- o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, serán avaliados coa mesma metodoloxia e cualificación acordada na materia.
-En caso de plaxio, aplicarase o seguinte:
- Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.