A asistencia e participación nas clases prácticas e a entrega de casos clínicos son obrigatorias. Facilitarase a asistencia á aqueles alumnos/as con matrícula parcial ou deportistas profesionais permitíndolle asistir a aquel grupo práctico que máis se adapte ás súas necesidades.
Para obter a nota final da materia sumarase as porcentaxes dos traballos tutelados e casos clínicos (50%), da evaluación continua (20%) e da nota do exame tipo test (30%), sempre e cando a nota do exame tipo test sexa superior a 4 sobre 10.
A nota de aprobado na materia será a partir de 5 nunha escala de 10 puntos.
Prestarase especial atención ao control do plaxio, tanto en traballos tutelados como nos casos clínicos e no examen. O profesorado pode empregar ferramentas informáticas como o programa "turnitin". En caso de plaxio, o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
A aqueles alumnos/as que teñan as mellores notas da clase e superen os 8,5 puntos nunha escala de 10, se lles podrá otorgará a nota de sobresaínte segú criterios del profesor.
Según criterios de excelencia, poderánse conceder 1 matrículas de honra por cada 20 alumnos ou fracción.