Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A6 A7 A8 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C6 C9 |
Os contidos abordados nas sesions maxistrais avaliaranse mediante probas de comprensión, traballos tutelados, etc, así como na proba obxetiva e práctica.
Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada neste tipo de sesions, así como nas prácticas de laboratorio.
|
0.5 |
Prácticas de laboratorio |
A6 A7 A8 B2 B3 C6 C9 |
Dentro da avaliación continuada da materia, valorarase, entre outros aspectos, a asistencia, puntualidade, actitude, e participación razoada neste tipo de sesions. |
0.5 |
Traballos tutelados |
A6 A7 B4 B5 C1 C9 |
O traballo levará a cabo de forma grupal, traballando cos coñecementos adquiridos ata ese momento por parte do alumno/a, e ademais levará a cabo unha revisión bibliográfica, posterior selección e análise de cada un dos artigos extraídos, en relación á temática (abordaxe fisioterápico tras intervencións protésicas) e rexión que lle fora asignada ao grupo.
A entrega realizarase a través de moodle e/ou correo electrónico |
15 |
Análise de fontes documentais |
A7 A8 B3 B4 C1 |
A tarefa levará a cabo de forma individual e/ou grupal, ben realizando a procura e/ou análise dun artigo cientifico relacionado con algún dos bloques temáticos abordados, ou en relación con métodos de valoración e/ou intervención a partir dun suposto clínico exposto polo equipo docente.
A entrega realizarase a través de moodle e/ou correo electrónico |
4 |
Proba mixta |
B1 B2 B3 B5 C1 |
A proba realizarase de forma escrita, e constará dunha parte de exame test de resposta múltiple, que poderá completarse cun apartado de preguntas/respostas curtas e/ou de desenvolvemento, onde se aborden temas relacionados co procedemento de intervención en fisioterapia, desde un enfoque clínico.
Será necesario ter unha nota mínima dun 5 para superar esta parte, para poder facer media coas outras notas da avaliación |
50 |
Proba práctica |
A6 A7 A8 B2 B3 C1 C9 |
Cada alumno/a responderá un total de 2/3 preguntas, cun tempo máximo de resposta de 5 minutos por pregunta. O aspecto nuclear nesta proba é a capacidade de execución e razonamento ("saber facer"). As técnicas ou procedementos executaranse sobre outro/a alumno/a que actuará como doente de forma simulada |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a matería é imprescindible conseguir un 5 tanto na proba mixta como na pobra práctica para proceder a calcular a
media ponderada, tras a suma da avaliación continuada. Os contenidos abordados tanto nas prácticas
como nas sesions maxistrais, reforzaranse mediante probas de
comprensión, traballos tutelados, resolución de casos, etc. A execución e
resultados alcanzados nestas actividades teranse en conta dentro
da avaliación continuada, así como aspectos relacionados coa asistencia, puntualidade, actitude e participación razoada. Nos casos onde se detecte plaxio nalguna das tarefas plantexadas polo profesorado para a avaliación da asignatura,
o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.
|