- Non se recollerán traballos unha vez finalizado o prazo de entrega,
nin se recuperarán as prácticas perdidas.
- Para aprobar o curso hai que sacar unha nota final mínima de 5
sobre 10.
- Na oportunidade de fin de cuatrimestre é necesario chegar ao 2 no
exame (x/6) para que se sume ás notas das outras probas realizadas ao longo do
curso (x/4) e éstas tamén deben sumar entre todas elas un mínimo de 1,5 puntos
para poder sumarse á nota do exame. En caso contrario, a nota final global
máxima será 4.8 (x/10) e terá que examinarse de novo en Xullo.
- O exame de Xullo incluirá tódalas probas realizadas ao longo do
curso e suporá o 100% da nota (x/10).
- O exame da convocatoria adiantada de Decembro incluirá tódalas
probas realizadas ao longo do curso e suporá o 100% da nota (x/10).
- Quen non se presenten ao exame (x/6 na primeira oportunidade e x/10 tanto na segunda oportunidade de Xullo, como na convocatoria
adiantada de Decembro) acadará a calificación de NP.
- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para
a segunda oportunidade de Xullo.
- Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade
que se especializa en "atender ós membros da comunidade universitaria con
necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza
fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse en
contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 981
167000, extensión 5622 ou na dirección de email adi@udc.es