CUALIFICACIÓN DA MATERIA:
PROBA OBXECTIVA (70%) - Cualificarase sobre un máximo de 7 puntos. Se no exame obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba práctica, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.
PROBA PRÁCTICA (25%) - Cualificarase sobre un máximo de 2.5 puntos. Se na proba obtense unha cualificación inferior ao 50% da puntuación posible, non se engadirá a avaliación continuada nin a proba obxectiva, sendo a CUALIFICACIÓN FINAL, suspenso.
AVALIACIÓN CONTINUADA (5%) - a cualificación da avaliación continuada conservarase únicamente ata a convocatoria de xullo (2ª oportunidade).
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a nota de suspenso na materia da correspondente
convocatoria, invalidando así calquera nota obtida en todas as actividades de
avaliación para as seguintes convocatorias.
As porcentaxes asignadas a cada proba poden sufrir pequenas modificacións dun curso a outro en función das necesidades da materia; no entanto, o valor do exame (teórico e práctico) nunca será inferior ao 70% da nota final e o valor da avaliación continuada nunca será superior ao 30%.