A avaliación da presentación oral e posterior defensa do Traballo Fin de Grao será realizada polo tribunal designado, representando un 30% da cualificación final. Da mesma forma, este tribunal emitirá unha calificación da memoria do Traballo Fin de Grao que representará o 40% da cualificación final. Ambas calificacións deberán ser motivadas.
O restante 30%, corresponde coa cualificación emitida polo director/a do Traballo Fin de Grao no momento do seu depósito, para o cal deberá empregar o modelo de informe do director/a facilitado por parte da Secretaría Académica. Tal cualificación deberá ser motivada, e valorará tanto a calidade final do Traballo Fin de Grao presentado como a avaliación continuada do/a estudante.
Os requisitos para a matricula e a defensa do TFG estarán en todo caso determinados pola normativa vixente que adopte a Universidade.
MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: non se contemplan metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para o alumnado con matrícula a tempo parcial.
DISPENSA ACADÉMICA: dado o carácter da materia, non se contempla a posibilidade de dispensa académica que exima ao alumnado da asistencia ás sesións presenciais programadas (seminario, titorías ou acto de presentación e defensa).
SEGUNDA OPORTUNIDADE: non se contemplan metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para a segunda oportunidade.
SEGUNDA MATRÍCULA: non se contemplan diferentes metodoloxías docentes nin sistemas de avaliación diferentes para os estudantes de segunda ou sucesivas matrículas.
PLAXIO: na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.