Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ESTANCIAS CLÍNICAS I
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir a experiencia clínica adecuada para proporcionar habilidades intelectuais e destrezas técnicas e manuais; susceptibles de ser aplicadas tanto en casos clínicos concretos no medio hospitalario e extrahospitalario, como en actuacións de atención primaria e comunitaria. A1
A2
A3
A4
A19
B1
B2
B3
B4
C1
C6
C7
C9
Iniciar o Razoamento Clínico, é dicir, o método a través do cal cada estudante será capaz de: - formular o diagnóstico de Fisioterapia, unha vez identificados os problemas do usuario considerando os aspectos físicos, psicolóxicos e sociais - planificar e deseñar o programa de intervención clínica - executar a terapéutica atendendo a criterios de adecuación, validez e eficiencia, proporcionando unha asistencia integral aos usuarios - avaliar os resultados obtidos co tratamento en relación cos obxectivos marcados - elaborar un informe de alta de Fisioterapia unha vez cubertos os obxectivos propostos, proporcionando pautas e recomendacións domiciliarias A1
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A15
A16
A17
B1
B2
B3
B4
C3
C6
C7
C9
Adquirir as habilidades comunicativas, psicosociais e técnicas, así como saber comportarse con rigor e deontoloxía profesional. Incorporar os principios éticos e coñecementos legais da Fisioterapia, para o exercicio práctico profesional. Potenciar o traballo en equipos interdisciplinares para así poder comunicarse de modo efectivo e claro, tanto de forma oral como escrita, con usuarios e os seus familiares, compañeiros e demais profesionais dentro do ámbito sociosanitario. A13
A14
A19
B4
C1
C7
Fomentar a importancia da investigación e a procura de información actualizada para o desenvolvemento profesional no ámbito da Fisioterapia. B5
C3
C6
C7
C8
C9
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes