Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicoloxía Aplicada
 Subjects
  Psychological assessment and intervention in learning disabilities
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A9 A18 B11 B15 B17 C3 C5 Realizaranse diversas prácticas de avaliación e intervención en relación ás diferentes dificultades de aprendizaxe estudadas durante o curso. 30
Mixed objective/subjective test A1 A11 A20 B2 B4 C4 C6 Trátase dunha proba escrita con preguntas tipo test de opción múltiple e preguntas abertas de resposta breve sobre os contidos teóricos abordados ao longo do curso. 50
Case study A2 A3 A4 A6 A7 A16 B1 Avaliarase a participación, o interés, o esforzo pola aprendizaxe así como a capacidade de tomar decisións, participar na busca de solucións, contestar e responder de forma constructiva e crítica. 10
Document analysis A4 A14 A17 B11 C1 Ao longo do curso o profesor irá sinalando algunhas lecturas e documentos audiovisuais obrigatorios para a súa análise na aula como introdución, complemento ou síntese dos contidos programados. 10
 
Assessment comments

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 80%:

a) Elaboración e presentación de traballos que serán compilados nun portafolio que será entregado para a súa avaliación na data indicada polo profesor.

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno do 28 de xuño do 2016). Ao inicio de curso elixirá entre:

- Opción A ou

- Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

1. Para superar a materia cómpre obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.

2. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concurra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docente, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes