O traballo de fin de mestrado realizarase de forma individual, baixo a dirección dun/a docente da titulación. Deberá reflectir que se adquiriron as competencias propias do resto das materias e poderá ter unha de dúas modalidades: proxecto de investigación ou traballo de investigación. O propósito do primeiro é achegar información útil e aplicable ao desenvolvemento dun proxecto de investigación novidoso, mentres que a do segundo é comunicar os resultados derivados do proceso de investigación orixinal levado a cabo polo/a estudante.
Tanto a estrutura, coma as directrices básicas para a súa elaboración, presentación, etc., están recollidas no Regulamento do Traballo de Fin de Máster (dispoñible en: http://www.educacion.udc.es/documentos/masteres/master-psicologia/documentos/Regulamento_Traballo_fin_mestrado.pdf).
Se ben non se trata dunha materia con docencia presencial, dende a coordinación do Mestrado poderán organizarse seminarios ou outras actividades de orientación colectiva do alumnado que estea a realizar o seu Traballo de fin de mestrado.
Na web da Titulación poden encontrarse orientacións precisas para a súa elaboración, así como patróns, o calendario correspondente aos distintos prazos, etc.: http://www.educacion.udc.es/mestrados/psicoloxia/index.php?pagina=tfm
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.