Importante: Para aprobar será necesario obter, como mínimo, a metade da puntuación
total posible en cada unha das metodoloxías de avaliación.
Opción A: As prácticas e os traballos tutelados, así como a exposición oral, realizaranse en equipo.
Opción B: O alumnado a tempo completo que non alcance o 80 % de asistencia presencial (Teams) realizará as prácticas e os traballos tutelados de forma individual. A presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.
Opción C: O alumnado a tempo parcial con dispensa de asistencia concedida realizará de forma individual (ou nun equipo con outros/as estudantes na mesma situación) as prácticas e os traballos tutelados. De non existir equipo de estudantes con dispensa, a presentación oral poderá facerse con algún dos equipos existentes.