De acordo coas Normas de Avaliación, Revisión
e Reclamación de Titulacións dos estudos de Grao e Mestrado, a materia aposta
pola avaliación continua e as metodoloxías de aprendizaxe activa. Para aprobar
a materia, o alumnado deberá obter un 5 na cualificación global da materia e
ter superado cada unha das metodoloxías avaliables.
Para o alumnado que non poida asistir por
causa xustificada, manterase o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá
coñecer as actividades propostas e as súas datas de entrega.
Polo tanto, o día sinalado no calendario
oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá
rematado ao remate da impartición da materia.
Enténdese que os universitarios asumiron as
capacidades lingüísticas en relación coa expresión oral e a escrita. Polo
tanto, a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), a
corrección gramatical e léxica resulta imprescindible e obrigatoria nos
traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a
materia.
En canto á realización fraudulenta das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023.