Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Necesidades específicas de apoio educativo e adaptacións curriculares
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Terán por obxecto indagar sobre os coñecementos previos e a motivación do alumnado sobre a temática de cada unidade ou bloque temático
Presentación oral Dos conceptos chave de cada bloque temático e unidade . Da estructura e oganización dos contidos esenciais. Dos casos, informes e textos sobre os que se desenvolverá o traballo grupal e individual.
Discusión dirixida Tomando como base as lecturas indicadas no seminario, os casos prácticos estudados ou as indagacións que o alumnado realiza sobre as temáticas previamente fixadas, levarase a cabo unha discusión dirixida que ten como fin construir unha aprendizaxe significativa na que o alumnado revise, cuestione e contraste e faga seu o coñecemento.
Estudo de casos Os estudo de casos de alumnado que presenta Necesidades Específicas de Apoio Educativo, servirá como elemento para relacionar o coñecemento teórico e práctico sobre a problemática da inclusión educativa.
Permite analizar aspectos de avaliación diagnóstica e detección, tratamento individualizado e adaptacións do curriculum tanto desde unha perspectiva individual como institucional.
Portafolios do alumno Nel recolleránse as actividades teórico-prácticas levadas a cabo nas sesións presenciais, debidamente enriquecidas e complementadas coas lecturas persoais, asi coma os estudos de caso ou calquera outra actividade levada a cabo ao longo do seminario.
Seminario Será o núcleo principal da actividade presencial. Nas sesións presenciais potenciarase a discusión argumentada de cada tema así como a elaboración dos equemas básicos que logo o alumnado desenvolverá máis ampliamente en base ao estudo ou actividade individual e reflectirá no portafolio.
Lecturas As lecturas máis esenciais serán facilitadas con antelación á realización de cada sesión. O alumnado orientado pola bibliografía facilitada na materia, complementará estas lecturas coas da súa elección, utilizando bases de datos de calidade contrastada. A lectura é indispensable para propiciar unha discusión informada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes