Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Subjects
  Psychological and educational Intervention in Developmental Disorders
   Methodologies
Methodologies Description
Oral presentation Exporanse de forma oral en pequeno grupo algúns dos contidos traballados durante o curso.
Case study Analizaranse casos ficticios o máis achegados á realidade pretendendo a súa avaliación e intervención.
Collaborative learning Será fundamental aprender a colaborar así como as prácticas de debate e análise conxunta co obxecto de acadar a aprendizaxe colaborativa
Document analysis O profesor proporá a análise de diversas fontes documentais (lecturas, vídeos, programas, etc.) relacionadas cos trastornos do desenvolvemento
Introductory activities Realizarase unha dinámica de grupo para coñecer mellor as competencias, coñecementos e intereses do alumnado
Directed discussion Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. Debateranse temas de interese para a materia.
Student portfolio É un cartafol ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que permite visualizar o progreso do alumno. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Supervised projects Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Summary Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes