Teaching GuideTerm Faculty of Educational Studies |
Mestrado Universitario en Didácticas Específicas |
Subjects |
Teaching about cultural spaces in educational contexts |
Methodologies |
Identifying Data | 2023/24 | |||||||||||||
Subject | Teaching about cultural spaces in educational contexts | Code | 652513211 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 2nd four-month period |
First | Optional | 3 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Introductory activities | Periódica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Document analysis | Realizaranse actividades para o coñecemento de fontes documentais de ampla diversidade que acheguen información acerca de contidos e, sobre todo, recursos didácticos en relación cos espazos culturais. |
Collaborative learning | Actividades que promovan o traballo en pequenos grupos: intercambio de información, discusións, postas en común, toma de decisións, comprensión do grupo como unha tarefa única. |
Workshop | Están concibidos como ensaios de experimentación de aprendizaxes de traballo por proxectos e por centros de interese. Materializanse en encontros, simulacións, debates, exposicións, etc., arredor de temáticas concretas, deseñados e desenvolvidos polo alumnado e guiados pola profesora. |
Field trip | Son unha parte moi importante no desenvolvemento da materia e serán saídas programadas a contextos culturais formativos e a contextos do contorno inmediato. Preténdese que o alumnado adquira tanto capacidades de organización de saídas como o coñecemento de institucións, actividades, exposicións, paisaxes, etc. e a comprensión do seu potencial educador. O alumnado desenvolverá capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a experimentación e a recollida de información. |
Guest lecture / keynote speech | As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema. Realizaranse co apoio de documentación específica e medios audiovisuais e estará directamente relacionada coas metodoloxías utilizadas na docencia interactiva. |
Supervised projects | A aprendizaxe de metodoloxías para a súa aplicación didáctica concretarase na elaboración dun estudo ou traballo acerca dalgunha das temáticas consideradas no espectro dos espazos culturais. O alumnado seleccionará un tema, formulará os obxectivos, realizará unha xustificación, desenvolverá a metodoloxía idónea, resolverá o tema e/ou proposta e obterá as conclusións pertinentes. |
|