Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Tratamento da Información Cualitativa e Cuantitativa na Investigación dentro da Xestión, Avaliación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 B2 B4 B5 B6 B13 C1 A metodoloxía de solución de problemas porase en práctica nas clases interactivas. Para a súa realización é preciso formar pequenos grupos de traballo e débese ter en conta o seguinte:

- Formaranse grupos pequenos (non máis de 4 persoas).

- Cada grupo elixirá unha persona coordinadora, encargada de presentar e defender as ideas do seu grupo de traballo, no caso en que se lle solicite, que será rotativa en cada práctica.

- Estos grupos formaranse o primeiro día de clase polo profesorado.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo. As prácticas se entregarán a través de moodle. O profesorado irá realizando o seguimento partindo do que se expoña na aula. Realizarase un proceso de autoevaluación e heteroavaliación.

O profesorado indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado saiba realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
60
Proba mixta A7 B1 B3 C1 C3 C9 O exame final fixado pola Comisión académica do título e aprobada por Xunta de Facultade realizarase mediante unha proba mixta na que entrará toda a materia (clases expositivas + solución de problemas).

O sistema de corrección da devandita proba será o seguinte:

- Para preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Para preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas
40
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes