General description |
Nesta materia, trátase a importancia dos informes de avaliación dos sistemas educativos e a súa interpretación, así como a análise de materiais curriculares. Reflexionaremos sobre modelos alternativos de ensino-aprendizaxe, así como sobre modelos e probas para avaliar a calidade dos sistemas educativos.
Estudiaremos o significado da inclusión educativa como unha forma de responder á diversidade que trascende a perspectiva individual na procura dunha resposta pedagóxica orientada á igualdade de oportunidades a través da implementación da xustiza curricular.
Os modelos teóricos que sustentan as prácticas psicopedagóxicas tradicionais son analizados e contrastados co modelo social de discapacidade, que considera as condicións políticas, sociais e educativas que sustentan as diversas interpretacións da acción psicopedagóxica.
En consecuencia, traballaranse as estratexias dunha práctica pedagóxica inclusiva e as súas repercusións nos distintos ámbitos da intervención psicopedagóxica
|