Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
 Asignaturas
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A40 B3 B4 B6 B13 Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. 30
Traballos tutelados A40 B1 B3 B4 B5 B6 B9 B10 B13 B14 B16 B17 B18 B20 C9 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
70
 
Observacións avaliación

NOTA: A UDC
regula a matrícula
de estudantes a tempo parcial
, criterios que tamén serán tidos
en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo
de réxime de dedicación, o informe ao profesorado e concerten a maneira na que
se desenvolverá o seu proceso de ensino-aprendizaxe. 

Aspectos a ter en conta:

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de
impactos negativos sobre o medio natural.

- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais.

- Será primordial e obrigatoria a corrección ortográfica
(ortografía, acentuación e puntuación) gramatical e léxica nos traballos e
exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

- No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das
probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.
4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e
a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes