Na primeira oportunidade avaliaranse as actividades e traballos, así como as presentacions orais realizadas durante o curso, e a proba escrita. A Cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10). É requisito imprescindible
unha asistencia mínima do 80% ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse
dita porcentaxe deberán presentar, individualmente as actividades/traballos
propostos ó longo das distinas sesións, realizando tambén a presentación oral que será obrigatoria para todo o alumnado.
Na segunda oportunidade o alumnado deberá repetir só as partes nón superadas
(actividades/traballos e/ou proba escrita e/ou presentación oral). A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada
unha delas un aprobado (5 sobre 10).
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, seguindo as normas que regula o réxime de dedicación ao estudo e
a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na universidade da Coruña (aprobada polo consello social do 04/05/2017), deberán poñelo en
coñecemento do profesor a primeira semana de clase. Se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días
desde que lle fora concedido o recoñecemento. Tamén terán que presentar, individualmente, todas as
actividades/traballos propostos nas sesións do curso e entregalos nas datas que
estableza a profesora, realizando tamén a presentación oral. Se non se cumpre a entrega na data sinalada a
cualificación será de non presentado, segundo
o establecido no artigo 21º -Sistema de cualificacións- das “Normas de avaliación, revisión e reclamación dás
cualificacións dúas estudos de grao e Mestrado universitario” na UDC (29/06/2017). A cualificación final da Primeira Oportunidade será a media ponderada das notas
das actividades e traballos realizados e da nota da proba
escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10). Na
segunda oportunidade, deberán repetirse só as partes non superadas
(actividades/traballos e/ou proba escrita). A nota final obterase da mesma forma.
Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitándose o uso de plásticos. Ademásis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista, así como os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos personais e profesionais.
Importante: nos traballos presentados considerarase a corrección da expresión e da ortografía. Por outra banda, o plaxio será a causa da suspensión da actividade avaliada, en coherencia co artigo 14.4 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DE GRADOS DE ESTUDOS DE BACHARELATO E MÁSTER, aprobadas polo Consello de Goberno o 19 de decembro de 2013 e modificadas o 29 de xuño de 2017.