Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
3 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Educación Física
 Subjects
  Initiation to the educational investigation(research)
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Collaborative learning A19 A28 A35 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 60
Oral presentation A28 A35 C3 C4 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
Research (Research project) A19 A28 A35 C3 C4 C6 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 25
 
Assessment comments

Atendendo ás Normas
de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e
Mestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e as
metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberá
acadar un 5 na cualificación global da mesma.

O alumnado que
durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas
sesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada e
deberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o
establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), deberá
poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non
fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades
propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá
realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na
data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non
presentado.

A convocatoria de
Xullo estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se
presentase.


  • No primeiro caso (alumnado
    que non superou a materia na primeira convocatoria), realizará novamente
    as actividades de avaliación continua que non aprobou.

  • No segundo caso (alumnado
    non presentado na primeira convocatoria) realizará todas as actividades de
    avaliación continua.

En canto á
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, o/a estudante
será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes