O alumnado exporá/defenderá o TFM, presencialmente, ante un tribunal
conformado por tres docentes (se o contexto non permite a
presencialidade, a defensa do traballo se realizará telematicamente). Esta defensa significará un 15% sobre a cualificación total (o 85% restante derivará da avaliación dos contidos e aspectos formais do traballo).
Na realización do Traballo de Fin de Mestrado (TFM), o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
A
realización fraudulenta das actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica
0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da
falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto,
procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade,
se fose necesario.