- Na avaliación terase en conta a participación e dedicación á materia, tanto na aula como nas actividades realizadas fóra da mesma.
- O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, que fai uso da devandita exención, debe presentar os traballos individuais que se orienten ao resto do alumnado, así como un traballo final.
-A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
Alumnado con recoñecemento de dispensa académica
Segundo o establecido na " NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):
1. Deberá poñelo en
coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora
posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento.
2. Terán que realizar,
individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e
entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non
se cumpre a entrega na data sinalada considerarase “Non presentado”.
3. A cualificación será
a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o
curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,
debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder
superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira
oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas
(actividades/traballos e/ou proba).