Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Iniciación á investigación educativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A19 A24 A28 A33 C1 C3 C6 C8 O proxecto de investigación se desenvolverá nas fases que requiren un traballo de campo, como recollida e análise de datos, obtención e discusión de resultados e extracción de conclusións. Isto se incluirá nas actividades correspondentes do mesmo “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
Aprendizaxe colaborativa A19 A24 A28 A33 C1 C3 C4 C6 C8 Ao longo das sesións iranse desenvolvendo de forma teórica e práctica os diferentes apartados dun proxecto de investigación educativa centrado nunha temática seleccionada polo grupo de traballo. Isto se materializará nun informe escrito denominado “Proxecto de investigación”. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 70
Presentación oral A28 A33 C1 C3 C5 Se presentará, de forma oral e cos recursos adecuados, a investigación ante a profesora e demais compañeiros/as de aula. Nesta, poderanse facer preguntas sobre a información presentada. A cualificación será a mesma para todo o grupo. 15
 
Observacións avaliación

Atendendo ás Normas
de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e
Mestrado Universitario, a materia aposta pola avaliación continua e as
metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia, o alumnado deberá
acadar un 5 na cualificación global da mesma.

O alumnado que
durante o curso perda a condición de asistente (80% da presencialidade nas
sesións) terá que realizar as actividades restantes de forma individualizada e
deberá estar pendente das actividades e das datas de entrega das mesmas.

O alumnado con recoñecemento de dispensa académica, segundo o
establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A
PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017), deberá
poñelo en coñecemento da docente na primeira semana de clase, ou, se isto non
fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o
recoñecemento. Terá que realizar, individualmente, todas as actividades
propostas ao longo do curso e entregalas nas datas establecidas. Ademais, deberá
realizar unha proba presencial na data do exame. Se non se cumpre a entrega na
data sinalada ou non se presenta o día do exame considerarase como Non
presentado.

A convocatoria de
Xullo estará destinada ao alumnado que no superase a materia ou que non se
presentase.


  • No primeiro caso (alumnado
    que non superou a materia na primeira convocatoria), realizará novamente
    as actividades de avaliación continua que non aprobou.

  • No segundo caso (alumnado
    non presentado na primeira convocatoria) realizará todas as actividades de
    avaliación continua.

En canto á
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, o/a estudante
será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes