Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
7 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Linguas Extranxeiras
 Asignaturas
  Proxectos de innovación e investigación educativa en linguas estranxeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A28 C2 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
30
Investigación (Proxecto de investigación) A23 A28 C7 C8 Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. 40
Presentación oral C2 C3 C4 C6 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 30
 
Observacións avaliación

Alumnado asistente

Para superar a materia na convocatoria ordinaria, oalumnado deberá asistir ao 80% das sesións presenciais e será necesario que superen cada un dos items de avaliación que se indican a continuación. Se non, non se fará a media.

1. Presentación oral 30

2. Proxecto de investigación 40

3. Proba obxectiva 30

Alumnado con dispensa académica

Segundo o establecido na" NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E APROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DACORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo encoñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non foraposible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido orecoñecemento.

2. Terán que realizar,individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso eentregalos nas datas establecidas polo docente.
3. A cualificación será amedia ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante ocurso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames,debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para podersuperar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeiraoportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballose/ou proba).

Outros casos

Aqueles estudantes que non asistan ao 80% das sesións presenciais ou non superen a materia na convocatoria ordinaria serán avaliados na convocatoria extraordinaria de xullo polo mesmo método proposto para estudantes con dispensa académica.

Como consideración xeral, teranse especialmente en conta as deficiencias ortográficas na puntuación e acentuación (se é o caso), así como a escritura inconexa ou inadecuada, unha mala presentación, etc., tanto nos exames como nos traballos. Todo isto suporá a redución de puntos na nota obtida.

No caso de detectar plaxio nas probas de avaliación, a nota axustarase ao disposto no artigo14.4. das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos universitarios de grao e máster *. Nesta materia, se os profesores detectan plaxio nalgunha das probas, significará un 0 na nota final. En caso de reiteración, trasladarase á Comisión Académica para que tome as medidas oportunas.

* "Na realización de obras, o plaxio e o uso de material non orixinal, incluído o obtido a través de internet sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, do permiso do seu autor, pódense considerar causa da cualificación de suspenso na actividade. Todo isto sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que podería haber lugar despois do correspondente procedemento ".


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes