Guia docenteCurso Facultad de Ciencias de la Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Sociología de la educación |
Resultados de aprendizaje |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Sociología de la educación | Código | 652G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Periodo | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grado | 1º cuatrimestre |
Primero | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaje | Competencias / Resultados del título | ||
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Así mesmo servirán para axudar a comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar, coñecer a dimensión pedagóxica da integración cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades coletivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual, situar a escola infantil no sitema educativo español, no contexto europeo e no internacional en distintos contextos sociohistóricos, coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar, adquirir coñecemento sobre a evolución do pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia e acadar coñecemento de outras culturas e de outras costumes. | A1 A5 A6 A8 A10 A11 A12 A13 A14 A19 A21 A23 A24 A25 A26 A27 A29 A36 A37 A44 A45 A55 A57 A60 A62 A63 |
B1 B2 B3 B4 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B17 B19 B20 B22 B24 B25 |
C1 C4 C6 C7 C8 |
As actividades iniciais, as lecturas, as sesións maxistrais, as presentacións orais, os traballos tutelados, as simulacións, os obradoiros, as saídas de campo preparan ó alumnado cun saber para despois saber facer e acadar ó final tamén un saber ser e estar. En todo este traballo é moi importante que saiban a importancia que ten en todo isto o traballo colaborativo entre o alumnado e o profesorado, na súa formación recíproca ó longo de toda a vida. Resulta importante que fagan unha elaboración comprensiva e comprehensiva da teoría e da práctica e que non se queden nas aprendizaxes fragmentadas que poidan acadar a través de diferentes microprocesos como poden ser a lectura, a escritura, a observación, o rexistro da información, a análise de datos, as conclusións, etc. de todas as actividades realizadas ó longo do cuatrimestre que lles permita unha competencia responsable e vital para a resolución de problemas o longo da súas traxectorias laborais. Todas estas actividades e traballos no seu conxunto axudaranlles a saber, saber facer e saber ser/estar no mantemento de lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo, a promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá, a analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxe audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. As actividades realizadas axudaranlles a comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuir á innovación e á mellora en educación infantil, a abordar análises de campo mediante metoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais, a saber analizar os datos obtidos, comprender críticamente a realidade e elaborar un informe de conclusións así como, a valorar a importancia do taballo en equipo, coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento, as costumes, as crenzas e os movementos sociais e políticos ao longo da historia, coñecer a importancia da tradición oral e o folclore e das linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. Facilitarán o coñecemento e a aplicación dos procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia, a participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica, e dicir, aprender a aprender, a aplicar un pensamento crítico, autocrítico, lóxico e creativo, a traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor, a traballar de forma colaborativa, con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. Tamén para actuar de maneira sustentable na defensa do medio ambiente e ter capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través de reflexión sobre a propia práctica. Asimismo, servirán para fomentar a creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas, o recoñecemento e respeto á diversidade e á multiculturalidade, practicar na utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional e desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Asimesmo, estarán nunha mellor disposición para valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse, asumindo como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida e a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. | A1 A5 A6 A8 A10 A11 A12 A13 A14 A19 A21 A23 A24 A25 A26 A27 A29 A36 A37 A44 A45 A60 A62 A63 |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 B12 B13 B15 B16 B17 B18 B19 B20 B22 B24 B25 |
C1 C4 C6 C7 C8 |
|