Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Infantil |
Asignaturas |
Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6 anos | Código | 652G01004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A2 A3 A4 A15 B1 B5 B11 B24 C4 C6 C7 | Informe y presentación do traballo individual e grupal realizado para a elaboración de actividades de orientación-execución e de demostración-práctica. Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña. Na Modalidade B de avaliación estes traballos serán obxecto de avaliación a través de preguntas na proba obxetiva. |
20 |
Proba obxectiva | A2 A4 | Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas. Evaluárase a adquisición dos conceptos chave da asignatura. O examenrealizárase via Moodle de xeito presencial. O alumnado terá que traer un dispositivo portátil coa conexión a Moodle. | 50 |
Investigación (Proxecto de investigación) | A2 A4 B1 B5 B11 C6 C7 | Trátase de identificar, analizar e estudar algunhas das características psicoevolutivas dunha pequena mostra de alumnado de infantil e elaborar informes/artigos psicoeducativos, a partir da observación participativa ou da aplicación de probas, en base aos datos obtidos (ou proporcionados no caso de que non se poida acudir aos centros escolares). Todo isto farase a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Este informe entregarase a través da plataforma virtual Moodle da Universidade da Coruña. |
30 |
Observacións avaliación | |||
1ª CONVOCATORIA. 1ªOPORTUNIDADE Dependendo da asistencia continuada ou non as clases, hai dúasmodalidades de seguir a materia de “Psicoloxía do desenvolvemento de 0 a 6anos” que determinan dous modos diferentes de avaliación: Modalidade A:Avaliación Continua e Modalidade B de Avaliación Final
a/ Da presentación por escrito das actividadesde grupo de cada un dos temas (traballos tutelados) que suporán un máximo dun 20% da cualificación b/ Da presentación por escrito das prácticas grupais que se indiquen (investigación/proxecto de investigación) e quesuporán un máximo do 30% da cualificación. c/ A realización da proba obxetiva, coa nota mínima de 5. Para superar satisfactoriamente a materia será necesario presentartodas as actividades (traballos tutelados) e prácticas (investigación) propostas obtendo en cada unha delas o 50% do peso dacualificación e participar no traballo non presencial como mínimo nun 85% dashoras traballadas (participación cualificada polos membros do grupo colaborativo). A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cadaun dos elementos da avaliación segundo o seu peso respectivo (esta cualificación a nivel individual pódese ver afectada polas cualificacións que os membros do grupo fagan do traballo realizado por cada membro). • Modalidade B . Avaliación Final. Para aquelalumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, alumnado repetidor ou con recoñecemento dededicación a tempo parcial e dispensa académica de exención deasistencia, a cualificación virá determinada por unha proba final escritados contidos teóricos, e da realización e entrega dos traballos de investigación da materia. Esta proba terá un 70 % do peso na avaliación. Os traballos de investigación terán un peso de 30 %. 1ª CONVOCATORIA. 2ª OPORTUNIDADE - Na Modalidade A. Terase que repetir a parte obxecto deavaliación en que non se acadou o 50% do seu peso na cualificación - Na Modalidade B. A avaliación realizarase segundo osinalado para a 1ª oportunidade. OUTRAS CONVOCATORIAS Nas restantes convocatorios seguirase a Modalidade B de Avaliación Final ,isto é proba escrita dos contidos teórico-prácticos da materia do cursoacadémico correspondente. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|